Download Manual Aula de Galego 1 Libro Completo PDF

TitleManual Aula de Galego 1 Libro Completo
File Size29.4 MB
Total Pages160
Table of Contents
                            000_adg1_sbk_cover_front_web
001-008_adg1_sbk_intro_web
009-016_adg1_sbk_u1_web
017-024_adg1_sbk_u2_web
025-032_adg1_sbk_u3_web
033-040_adg1_sbk_u4_web
041-048_adg1_sbk_u5_web
049-056_adg1_sbk_u6_web
057-065_adg1_sbk_u7_web
065-072_adg1_sbk_u8_web
073-080_adg1_sbk_u9_web
081-088_adg1_sbk_u10_web
089-096_adg1_sbk_u11_web
097-104_adg1_sbk_u12_web
105-128_adg1_sbk_maisex_web
129-144_adg1_sbk_gram_web
145-148_adg1_sbk_nivela2_web
149-160_adg_sbk_tsp_web
                        
Document Text Contents
Page 1

CURSO DE GALEGO

Margarita Chamorro
Ivonete da Silva

Xaquín Núñez

1
IN

C
LU

E
C

D



Aula de Galego é un método de
galego que ten como obxectivo darlles
resposta ás necesidades específi cas
dos alumnos que estudan galego dentro
e fóra de Galicia. Para isto, adopta a
perspectiva orientada á acción, proposta
polo Marco común europeo de referencia,
apoiándose nos seus descritores para a
progresión do coñecemento.

Aula de Galego constitúe un
material didáctico completo e coherente
que, tendo en conta os distintos estilos
de aprendizaxe, consegue integrar
con éxito a práctica das habilidades
comunicativas, a refl exión gramatical e o
coñecemento e a comprensión da cultura
galega.

Aula de Galego é un manual
compacto que inclúe, nun mesmo
volume:
o libro do alumno
o CD coas audicións
unha sección de exercicios
un anexo cun resumo gramatical Aula Aula dede

Galego Galego
Aula de
Galego

Nivel

A2
Marco europeo común

de referencia para
as linguas

1

A
u
la

d
e

G
al

eg
o

Page 2

Aula de
Galego

1

Page 80

UNIDADE 9

setenta e nove 79

8. CONSULTORIO
A. Tres persoas escribiron ao consultorio dunha revista
para buscar unha solución aos seus problemas. Le os

consellos que lles deron e decide a que problema

corresponden. Podes darlles ti outros consellos?

B. Agora, en parellas, vós seredes os conselleiros. Esco-
llede un problema dos seguintes e escribide un consello.

1. Desde a miña última moza (hai 8 anos) non saín con nin-
gunha outra rapaza e síntome moi só.

2. Teño 34 anos e os meus pais non saben que son gay.
3. Non quero vivir na casa dos meus pais. Teño 27 anos, pero

non teño traballo.
4. O meu fi llo de 14 anos quere facer un piercing na lingua.
5. O meu mozo quéroo moito, pero un compañeiro de traballo

que me gusta moito propúxome saír con el.

9. TEÑO UN PROBLEMA
A. Nunha folla á parte escribe un problema ou algo que
che preocupa. Pode ser un problema real ou inventado.

Podes falar de cuestións de saúde, traballo, de relacións

persoais etc. Asínao cun pseudónimo.

B. Agora a túa folla vai circular por toda a clase. Cada un
dos teus compañeiros vai escribir na mesma folla unha

solución ou un consello para axudarche.

C. Agora preséntalle á clase os consellos que escribiron
para un dos problemas. Cales son os mellores?

O meu problema:

..........................................................................

..........................................................................

Os consellos dos meus compañeiros:

..........................................................................

..........................................................................

..........................................................................

..........................................................................

..........................................................................

..........................................................................

..........................................................................

..........................................................................

..........................................................................

..........................................................................

..........................................................................

..........................................................................



PROBLEMAS

1 A próxima semana teño que falar en público e estou morto
de medo.

2 Paso 12 horas ao día diante do ordenador. Que podo facer
para manterme en forma?

3 Unha compañeira de traballo divorciouse hai un mes.
Gústame moito e penso propoñerlle unha relación. Estarei

precipitándome?

SOLUCIÓNS
1 En primeiro lugar, hai unha cuestión que debes

controlar especialmente: a túa alimentación. Debes

tomar alimentos con moita fi bra (verduras, froitas

e cereais integrais), evitar as graxas animais (embu-

tidos, carnes graxas e manteiga) e comer preferen-

temente peixe. De calquera xeito, traballas moitas

horas, demasiadas, e o problema é que sempre es-

tás sentado. Existe un exercicio para os músculos

abdominais que se pode facer nestes casos: tes que

contraer o abdome, e manter a contracción duran-

te dez segundos e despois descansar durante dez se-

gundos máis. Podes repetir este exercicio cinco ou

seis veces cada dúas horas. Vas ver como pronto te

sentes moito mellor.

2 Cada persoa é diferente pero, en xeral, podemos
dicir que cómpre esperar uns meses antes de ini-

ciar una nova relación. As persoas que rompen coa

súa parella teñen un sentimento de perda e pasan,

case sempre, por diferentes fases. Ao comezo non

poden crer que a separación é real, despois veñen

a rabia e a tristeza e, fi nalmente, a aceptación. Tes

que esperar e observala: cres que o aceptou? Ou pa-

rece aínda triste ou enfadada? Debes ser paciente,

esperar algúns meses e ser moi coidadoso cos seus

sentimentos. Seguro que vas atopar o momento ade-

cuado para declararte.

3 O primeiro que debes facer é afrontar o problema;
se sabes que che dá medo falar en público e tes que

facelo, debes empezar a practicalo. Podes facer va-

rios ensaios na casa, diante dos teus amigos ou da

túa familia, eles poden axudarche a mellorar a túa

técnica e, ademais, van ser amables contigo. Tamén

é moi útil controlar a respiración. A respiración é

como o motor do corpo: se a controlas, podes domi-

nar o teu nerviosismo. Por iso, nos ensaios e o día

da conferencia debes intentar respirar de maneira

pausada. Ao fi nal, vaiche saír todo moi ben.

Page 81

80

viaxar

oitenta

10. A PEQUENOS MALES,
GRANDES REMEDIOS
A. Le o seguinte texto sobre os remedios naturais. Al-
gunha vez utilizaches algún produto natural para aliviar
algún malestar físico? Coméntao co teu compañeiro.

B. A continuación tendes algúns produtos naturais aos
que se lles atribúen diferentes propiedades benéfi cas.
Tamén se empregan coas mesmas fi nalidades na túa
cultura? Se non, existen equivalentes?

Eu creo que o mel é bo para os constipados.

C. Coñeces, ademais destes, algún outro remedio natu-
ral? Para que serve? Coméntao co resto da clase.

O uso de remedios naturais para previr doenzas ou curalas é tan antigo como o home mesmo.
Antes dos avances da medicina, constituíron a única axuda para combater as diferentes
enfermidades e, en Galicia, formaron parte das diversas receitas achegadas pola secular
tradición dos curandeiros.
Hoxe en día aínda se seguen a utilizar como complemento aos medicamentos. Case todos
os produtos naturais (verduras, froitas ou vexetais) teñen atribuídas propiedades curadoras,
algunhas demostradas e outras non tanto. Inclusive, nos últimos anos, sóubose que as
bebidas alcohólicas como a cervexa ou o viño tinto contiñan propiedades benefi ciosas para o
organismo, se o seu consumo é moderado.
As vantaxes que ofrecen son moitas, xa que, ademais dos efectos positivos que provocan
no organismo, non presentan contraindicacións nin implican efectos secundarios para o corpo
humano.

O allo �
É un purifi cador do sangue que axuda a mellorar a circulación e a artrite. Recoméndase para a carie e as dores de moas. Produce, non obstante, mal alento.

O arroz �
É moi bo se o cociñamos
sen ningún condimento para
combater as diarreas e as
descomposicións intestinais.descomposicións intestinais.

O mel �
Úsase para calmar

as irritacións da

gorxa e superar os
constipados,

normalmente acom
pañado dunhas

gotas de limón. É m
oi doce

A cenoria �
É moi boa para

a pel, xa

que a protexe
dos raios do

sol. Ademais s
erve para

hidratala e bro
nceala.

axuda a mellorar a circulación e a

A laranxa �
Ten moita vitamina C. O

seu zume é moi

bo para aliviar os síntom
as da gripe e

tamén para previla. É bo
a tamén para evitar

o estrinximento, pero un
uso excesivo pode

producir o efecto contra
rio.

A herba luísa �
É unha pla

nta moi ar
omática qu

e ten

propiedad
es dixestiv

as. A súa in
fusión é

moi boa p
ara estimu

lar as gana
s de comer



e axudar a
facer a dix

estión.

Remedios
naturais

Page 159

transcricións

158 cento cincuenta e oito158

E a túa familia vive alí?
Pois si, eu son a única da miña familia que xa non vive alí.

UNIDADE 11

Antes e agora
2. TURISTAS OU VIAXEIROS
PISTA 59
Moi boa tarde a todos os oíntes que nos seguen un día máis
no noso programa A dilixencia. Hoxe temos connosco a Lupe
Caamaño, redactora da revista de viaxes In Itinere. Boa tarde,
Lupe.

Ola, moi boa tarde.
Temos unha serie de opinións dos nosos oíntes sobre as viaxes
e gustaríanos saber tamén a túa opinión sobre ese tema.

Moi ben.
Vamos alá, entón: “Viaxar é unha experiencia única. A xente
que viaxa é máis interesante”.

Para min, viaxar é fantástico e, encántame, é unha das mellores
cousas que podes facer. Pero hai persoas moi interesantes
que non viaxaron nunca.

A segunda é: “Hoxe en día é difícil descubrir sitios novos e vivir
aventuras”.

Depende da túa actitude, se es aventureiro, podes encontrar
experiencias novas en calquera lugar.

“A xente pode viaxar moito máis ca antes e iso é positivo”. Que
pensas?

Totalmente de acordo. É estupendo que agora moita máis xente
poida viaxar, que teña acceso a poder facelo en avión, por
exemplo. Agora, viaxar xa non é só exclusivo da xente rica, hai
unha gran variedade de ofertas que lle permite viaxar á xente de
todas as clases sociais ou idades. Creo que iso é moi positivo.

Outra opinión: “Antes todo era máis romántico. A xente
viaxaba en tren e esa viaxe era parte da aventura. Agora todo
é demasiado rápido”.

Iso depende de como viaxes. O avión, claro que é un medio de
transporte moi rápido, pero hai outras maneiras románticas de
viaxar: un cruceiro polo Nilo, o Transiberiano...

E a última: “Pódense vivir aventuras sen ir moi lonxe”.
Por suposto, a aventura pode estar na túa casa, nunha vila
da túa rexión, nun lugar da túa cidade que non coñeces...
Incluso hai outras formas como o turismo literario que ten
rutas apaixonantes.

Pois moi ben, Lupe, grazas polas túas respostas.
Grazas a vós.

8. ESTÁS DE ACORDO?
PISTA 60
1. Aprender galego é bastante fácil.
2. Os cans son mellores mascotas cós gatos.
3. O cine americano é mellor có europeo.
4. A comida galega é moi boa.
5. O fútbol é un deporte moi aburrido.

UNIDADE 12

Unha vida de película
1. CONVERSAS DE CINE
PISTA 61
1.
Non o coñeces?
Pois a verdade é que agora non caio.
Si, home, dirixiu Sempre Xonxa, un clásico, a primeira
longametraxe de fi cción en galego.

Ah! Agora si, é tamén o da curta de Mamasunción, non?
Si.
Mm.
Mira, esa curta foi a primeira emisión da Televisión de
Galicia.

Si, si… Xa lembro. Gustoume moito. Pero el xa morreu,
non?

Si, morreu en 1995, e só tiña corenta anos. Aínda así, foi
bastante recoñecido. Levou bastantes premios: déronlle o
Premio da Crítica por Mamasunción e, despois de morto,
déronlle a Medalla de Galicia.

PISTA 62
2.
A verdade é que na última película faino moi ben, eh?
Si, está estupenda. Cantas películas fi xo xa?
Pois unhas cantas xa. Desde que saíu en Pratos combinados,
na serie, era Balbina, non te lembras? Pois desde aquela fi xo
máis. Participou en Mar a dentro, Hotel Tívoli…

Si, Mar a dentro é a da vida de Ramón Sampedro, non?
Mm.
Nesa faino moi ben.
Si, si, si. De feito déronlle un Premio Goya.
E creo que tamén fi xo teatro, non?
Si, oh! Fixo teatro durante moitos anos.

PISTA 63
3.
Onte fun ver o documental Santa Liberdade. Está moi ben.
Si, faláronme ben del.
Está moi ben dirixido.
Si?
Si, a verdade é que a autora fi xo un bo traballo, eh?
Pois eu non a coñezo.
Pois é unha muller moi interesante: foi lectora de galego no
Porto nos últimos anos da ditadura, dirixiu o xornal A Nosa
Terra, foi decana da facultade de Xornalismo... Fixo unha
chea de cousas.

Terei que ir ver ese documental entón.

PISTA 64
4.
E este quen é?
É o das ilustracións do Xabarín Club, non?
Ah, pois si. Non traballou nunha serie de animación con
Spielberg?

Si, traballou moito fóra: no audiovisual, no cómic…

Page 160

transcricións

159cento cincuenta e nove

7. TODA UNHA VIDA
PISTA 65
Benvidos a Toda unha vida, un programa dedicado a todas
aquelas persoas cunha vida moi especial. Hoxe temos no
noso programa a Mercedes Ribeiro. Mercedes é hoxe en día
a propietaria da cadea de hoteis Ribeiro. Bos días, Mercedes.

Ola, bos días.
Vostede comezou a traballar de camareira en Mallorca aos
14 anos nun hotel.

Si, primeiro traballei de camareira e despois nunha tenda de
roupa, pero pouco tempo.

Por que?
Pois resulta que un cliente da tenda, Mario Martín, un
fotógrafo moi famoso da revista Vogue, fíxome unhas
fotografías. E aos poucos meses chamáronme dunha axencia
de fotografías de París, e xa.

E entón alguén viu esas fotos e vostede marchou a París.
Efectivamente, si. Fixéronme unha proposta moi boa e
marchei.

E en París que fi xo?
Pois traballei para as mellores casas de moda: para Dior,
Chanel, Ives St Laurant… E durante eses anos traballei moito
e gañei moito diñeiro tamén.

É un conto de fadas. E por que deixou o mundo da moda?
Pois, a ver… Nesa época coñecín a moita xente interesante,
e un día coñecín a Paco Calao, un fotógrafo boísimo, e
namorámonos e decidimos facer unha viaxe xuntos por Asia.
Fomos a moitos países e pasamos dous anos na India.

Dous anos na India!
Si, foron dous anos moi especiais. Eu fíxenme budista e
aprendín moitas cousas da cultura hindú. Foron dous anos
bastante místicos, e, ao fi nal, cando quedamos sen cartos,
pois separámonos e eu decidín volver a España. Entón
estiven 3 anos en España, e despois en 1990, xa marchei a
Londres.

Mm. A Londres.
Si.
E que fi xo en Londres? Tamén traballou no mundo da moda?
Non, non, aí en Londres o que fi xen foi... que abrín un
pequeno restaurante español co diñeiro que me prestou
un amigo, e converteuse nun dos restaurantes de moda de
Londres de principios dos noventa.

Vaites, vaites!
Si, foi unha época incrible, moi divertida... e coñecín un
montón de xente, moitos famosos…

Ai, si? Conte, conte!
Non sei, moitos. Pois, a ver… Un día... Mick Jagger veu ao
restaurante... E tamén coñecín a… si, coñecín a Elton John.

Que interesante! E como pasou de ser a dona dun
restaurante a ser a propietaria de máis de 20 hoteis por todo
o mundo?

Pois primeiro vendín o restaurante, e con ese diñeiro comprei
unha casa antiga e alí montei o meu primeiro hotel. E o
negocio foi ben e, á volta de dous anos, abrín outro... E
así, empecei a abrir hoteis en España, e despois por todo o
mundo.

Similer Documents